Axuda mapa interactivo
A : Selección de temas
Ao facer clic nun tema (migrantes, ecoloxía, ...) mostraranse só os eventos relacionado e ocultarase o resto. Para volver atrás (é dicir, volver a mostrar todos os demais) fai clic en "todos".
B: Selección de datas
A selección de datas permite escoller as datas dos eventos que queres visualizar.
- Podes facer clic directamente nun día (area gris) e desprazar a barra.
- Podes desprazar a barra directamente co rato.
- Podes ampliar e reducir a barra movendo os extremos da barra á esquerda e dereita.
- Inicialmente, a área gris mostra unha semana a partires do día actual. Podes agregar ou quitar días usando ás frechas á esquerda e dereita da área gris.
C: Datas que se mostran
Ao mover a barra de selección de datas, móstranse aquí (C) as datas dos novos eventos. Tamén se pode escribir a data directamente desde teclado e logo darlle a "cambio" (ou simplemente premer a tecla "enter").
D: Navegación polo mapa
Podes utilizar as frechas (arriba, dereita, abaixo, esquerda) para mover o mapa, mais é máis fácil facer clic sobre o mapa e ir directamente co rato.
Podes utilzar os botóns "+" e "-", zona (D), para aumentar (zoom) o mapa, aínda que é máis sinxelo utilizar o botón do rato.
Se fai o mapa o suficientemente grande, mostrarase para cada evento información adicional (palabras chave).
E: Visualizando os eventos
Se fai clic nun evento, aparecerá unha nota co seu título e data. Se desexa ver a páxina do evento, faga clic en "Máis información".
F: Gardar en marcadores
Utiliza este botón se desexas gardar un enlace para volver facilmente a unha ficha en particular. Isto é útil, por exemplo, para ir directamente a un mapa que mostrará o evento preto de ti. Fai clic en "Gardar marcador". Aparecerá unha pequena xanela con un enlace. Fai clic nese enlace, a continuación, garda a páxina nos teus marcadores. En Firefox podes escoller Marcadores -> Marcar esta páxina (ou CTRL-D).
G: Opcións de visualización
Para facer aparecer as opcións fai clic sobre "mostrar opcións".
Cada unha destas opcións ten 3 estados:
- si (verde)
- non (vermello)
- automático
Fai clic nos botóns para alternar entre as 3.
Opcións:
- sobrepor: cando hai moitos eventos na pantalla pode que cheguen a sobreporse. O mapa permite separalos e mostralos uns ao lado dos outros, en lugar de sobreporse. Isto pode levar tempo, sobre todos en computadores menos recentes. Nestes casos pode mudar a opción.
- título: mostra a o título completo do evento (precisa moito espazo!)
- palabras chave: mostra algunhas palabras chave no título
- día: a data do evento
- hora: a hora do evento