Que é unha axenda persoal?

Pode que InfoCorunha mostre moitos eventos que non te interesan. Unha axenda personalizada permíteche seleccionar só os eventos que máis che interesan.

Desta maneira, podes por exemplo:

  • crear unha axenda para a tú asociación e compartila có público
  • crear unha axenda privada, para manter só os eventos nos que queres participar
  • se tes un sitio web, podes mostrar automáticamente a túa selección de eventos mediante o uso da túa fonte RSS.

Como creo a miña axenda?

É moi simple e rápido:

  1. crea unha conta - aquí - escollendo un nome de ususaria, contrasinal e proporcionando un enderezo de correo electrónico (non utilizaremos o teu correo electrónico para outros fins). A túa conta créase automaticamente e de xeito inmediato.
  2. selecciona os eventos que te interesan marcando as caixas de verificación antes de cada evento (figura: C)
  3. difunde e da a coñecer o enderezo do teu calendario, por exemplo, colocandoo no teu sitio web ou nos correos que envías ás túas compañeiras.

[crea unha conta / axenda]

Como podo configurar a miña axenda?

Na parte superior da túa axenta (figura A), móstrase o título da axenda. A continuación (figura B) atópase o cadro titulado "Configuración da túa axenda". Despois, máis abaixo, atoparás a lista de eventos que podes seleccionar (Figura: C).

No cadro de configuración (Figura B) podes especificar:

  • se publicar ou non o teu calendario
  • o título que aparece na parte superior da túa páxina (figura: A)
  • unha ligazón a unha páxina externa (por exemplo, o teu sitio web ou blog) (figura A)

Despois de mudar estas opción, non esquezas facer clic en "confirmar os cambios". Non é preciso premer en "confirmar os cambios" cando se selecciona o evento.

Como difundo a miña axenda?

Debes coñecer o enderezo da túa axenda.

O enderezo do teu calendario móstrase no cadro de "configuración" e parécese ao seguinte:
_/perso/123
(neste caso 123 é un exemplo, que se corresonde ao número de usuaria e que no teu caso será diferente)

Asegúrate de anotar o enderezo que se mostra.

Se a túa axenda é pública, este é o enderezo que tes que difundir para que outra xente poida ver o teu calendario.

Se a túa axenda non é pública, este enderezo non funcionará e debes estar conectada para ver o calendario.

Para saber como vai ver o público o teu calendario, desconecta e accede ao enderezo.

Fontes RSS e iCalendar : tamén podes difundir os eventos no teu sitio web mediante fontes RSS e iCalendar. O enderezo deses fluxos indícase na parte inferior da axenda e na páxina da túa conta. Ponte en contacto con nos se precisas que te botemos unha man con RSS ou iCal (contexacto@corexunha.infexo). Se tes un sitio con SPIP, atoparás máis información aquí.

Funcionalidades futuras

Crea os teus propios eventos: Temos a intención de aumentar as funcionalidades para que cada usuaria engada a súa axenda persoal de eventos que non existe no calendario principal de InfoCorunha. Se che interesa esta funcionalidade, ponte en contacto con nos para motivarnos a acelerar o desenvolvemento en contexacto@corexunha.infexo